Documentos

Neste sección pretendemos pór a vosa disposición as distintas normativas que se teñen proposto para o galego, asi como traballos especificos sobre as mesmas.
 
 
Isto é o que hai polo momento

Algunhas normas pra unificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, 1933. En html e en pdf (tal como no-las enviaron).

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, da Real Academia Galega, 1971.

Bases Pra unificación das Normas lingüísticas do galego. Resume dos seminários celebrados na Universidade de Santiago de Compostela desde decembro de 1976 a xuño de 1977. Claro precursor da actual normativa oficial.

Normas ortográficas do idioma galego. Normas ortográficas aprobadas pola conselleria de cultura da xunta preautonómica en 1980. É a base dos que se coñece por normativa de mínimos ou dos mínimos.O texto reproducido foi tirado de: Rabade, X.C, Normas ortográficas do idioma galego. Texto integro. Guia e comentarios. Ed. La Voz de Galicia, S.A., A Coruña, 1980.

Cuadro comparativo das normativas actuais. Por Costa Casas, X.X., González Refoxo, M.A., Morán Fraga, C.C., e Rábade Castiñeira, X.C. Apéndice do libro: NOVA GRAMÁTICA para a aprendizaxe da língua, pp 357-372, ed.Via láctea, A Coruña, (1988).

Guia elemental para a escrita do galego.  Do Servizo de Normalización Lingüística da CIG. Esta guia pode-se consultar directamente nas páxinas da CIG, sección documentos.  Os que teñan problemas navegando polas páxinas da CIG  poden consulta-la aco.  Segue a normativa de mínimos.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Instituto da Lingua Galega e Real  Academia Galega. Edición de 1982. (Até o capítulo 9 incluido).

Estudo Crítico, da Normas anteriores, da Asociaçom Galega da Língua (AGAL). Edición de 1983. (Até a secçom séptima da parte II)


 
 
Tamén aspiramos a chegar a dispór das seguintes obras

Prontuário ortográfico galego, da AGAL  (1985).


 
 
 
O que nos gostaria ter, mais non temos mui claro que o podamos acadar nunca.

Compendio de gramática galega, de Leandro Carré Alvarellos, 1919.

Engadegas ás normas pra unificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, 1936.