1.2. Completan o cuadro destes signos básicos da escrita usual as combinacións seguintes: ll, rr, ch, nh, gu, qu. Convén notar que o dígrafo nh ten na ortografia corrente o valor de n velar (unha, algunha, nengunha...), e que a combinación qu,indicadora do son k diante de e,i, sinala tamén na ortografia histórica, salvo rara excepción, a secuéncia ku mais vogal.a (a), b (be), c (ce), d (de), e (e), f (efe),
g (gue), h (hache ou agá), i (i), l (ele),
m (eme), n (ene), ñ (eñe), o (o), p (pe),
q (que ou cu), r (erre), s (ese), t (te), u (u),
v (uve ou uvé), x (équis ou xis), z (zeta).
1.3. En textos antigos e nos escritores que empregan a ortografia histórica usan-se os signos j (xota); g (co nome de xe) + e, i; ç e outros.
1.4. As letras k (ka), w (uvé dobre ou duplo), y (i grego) empregan-se só, exceptuando certas abreviaturas, en palabras foráneas non asimiladas.
1.5. O
h é letra muda salvo nos casos en que, en combinación
con outra letra, forma un dígrafo de valor preciso. Como muda só
se utiliza en posición inicial de palabra, conforme é habitual,
e nas palabras derivadas por prefixación cando exista nas primitivas.
Tamén se utiliza en posición final nalguns monosílabos
interxectivos asi fixados pola tradizón: ah,
eh, oh, etc.
Con carácter informativo debe-se notar que, nos escritores que utilizan outros tipos de acentos, o grave (`) marca, nas contraccións, vogal non tónica e, no caso de e, o, aberta; o acento circunflexo indica sempre vogal fechada.
A presenza ou auséncia da marca acentual pon de manifesto a sílaba tónica da palabra de acordo coas regras que se pasan a expor.
2.2.1. Palabras agudas.
Levan acento gráfico as palabras de mais de unha sílaba que acaban en -a, -e, -o, seguidos ou non de -n, -s ou -ns. En consecuéncia:
- Acentuarán-se: irmá, irmás, irmán, irmáns; café, cafés, vaivén, desdéns; abó, abós, corazón, corazóns.
- Non se acentuarán: animal, cantar, capaz, segrel, comer, avidez, espanol, amor, veloz, etc. Tampouco se acentuarán: ali, varonil, dormin, confin, confins, xentis, papai, aneis, papeis, bocoi, bocois, Permui; bambu, batecu, azul, algun, alguns, calambur, Xesus, callau, cantou, comeu, chapeu, dormiu, etc.
2.2.2. Palabras graves.
Levan acento gráfico as palabras
graves non acabadas en -a, -e, -o,
seguidas
ou non de -n, -s ou
-ns.
Desta maneira:
2.2.2.1. Contra a regra enunciada, levarán acento calquer i ou u tónicos que por si sós ou seguidos de s, e precedidos de vogal, formen sílaba. Desta arte:
Nota.
En
casos como
Güiande, Güiana
recomenda-se,
por motivos de claridade gráfica, o emprego do trema ou diérese
sobre o u cando este non sexa mudo, conforme se di no parágrafo
3.1.
2.2.2.2. Palabras graves como quería, confíen, río, vacíos, conceitúa, preceitúen, atribúo, etc., levan acento gráfico, o que supón non acentuar cambio, lingua e similares. Non obstante, admite-se tamén a acentuación de léria, António, cámbio, língua, égua (como se fai con códea, xémeo, mámoa...), e, conseguintemente, a non acentuación de queria, rios, conceitua..., por seren palabras graves normais. Unha destas práticas esixe obrigatoriamente a outra.
2.2.3. Palabras esdrúxulas.
Levan todas acento. Asi, pois, acentuarán-se: cántico, bébedo, sétimo, cóncavo, pórtico, insípido, lúcido, óseo, códea, mágoa, etc.
Palabras como cámbio, léria, série, légua, ténue, exíguo, etc., poden ser consideradas ortograficamente como esdrúxulas e, consecuentemente, levar acento gráfico, ou non o levar (cambio, leria...), segundo se postula no parágrafo 2.2.2.2.
2.2.4. Acentos diacríticos.
O acento cumpre tamén unha función diacrítica cando se utiliza para diferenciar dous vocábulos que, na sua auséncia, serian graficamente idénticos. Asi:2.2.4.1. En exemplos como os seguintes, tan frecuentes no discurso:Noutros casos en que se poda producir anfiboloxia, cabe a liberdade de utilizar acentos diacríticos que confiran claridade á mensaxe escrita, procurando, porén, acentuar o elemento tónico do par, e, se os dous son tónicos, o aberto. Asi:
á, ás (preposición + artigo) a, as (artigo; preposición) ó, ós (preposición + artigo = ao, aos) o, os (artigo) prá (pra + artigo = para a) pra (redución de para) pró (pra + artigo = para o) pro (redución de pero) cá, có, cás, cós (ca + art. = que a) ca (conx. = que; con + art.);
ca, co,cas, cos (con + art. = co, coa, cos, coas)dá, dás (verbo) da, das (preposición + artigo) dé (verbo) de (preposición) pór (verbo) por (preposición) vés, vén (presente de vir) ves, ven (presente de ver) dó (substantivo) do (preposición + artigo) nó (substantivo) no (preposición + artigo) só (único, unicamente) so (variante de sob) póla (de árbore) pola (preposición + artigo; galiña nova)
2.2.4.2. En palabras como que, como... plurifuncionais. En caso de anfiboloxia ocasional, resolverá-se mediante o uso diacrítico do acento: xa sabes qué hai (xa sabes o que pasa) frente a xa sabes que hai (xa sabes que diso hai).
2.2.4.3. En vocábulos pertencentes á mesma clase, ainda que semanticamente ben distanciados: o óso do oso (óso, do esqueleto; oso, animal). En caso de se usar o acento grave, conforme se di no apartado 2.1., temos: Un còrdeiro non é un cordeiro (còrdeiro, que fai cordas; cordeiro, cria de ovella, año). En situacións extremas poderá-se ainda acudir ao acento circunflexo: A pôla está xunto á póla; vai pola pôla (pôla, galiña nova; póla, ramo de árbore; pola, prep. mais art.)
2.2.4.4. En vocábulos pertencentes a clases diversas que, non obstante, poden resultar equívocos no discurso: máis non lle falo sobre iso frente a mais non lle falo sobre iso (máis, adv.; mais, conx.); dixo-lle que fóra diferente de dixo-lle que fora (fóra, adv.; fora, vbo.).
2.2.4.5. Nas formas cantamos, comemos, partimos, idénticas, nos verbos regulares, para o perfeito e o presente. Pode ser útil sinalar inequivocamente o tempo verbal, o que se consegue utilizando o acento diacrítico nas formas do pasado: cantar cantámos, mais non sabes o que, frente a cantar cantamos...Nota. Non se acentuan nunca os demostrativos este, esta; ese, esa; aquel(e), aquela, cos respectivos plurais, sexan adxectivos ou substantivos. Tampouco se acentua un, artigo ou numeral, nen os advérbios en -mente, por seren palabras graves e, conforme a regra, non acentuadas graficamente.
3.1. Na combinación gu mais vogal. O trema sobre o u sinala unicamente que este é pronunciado, mais non informa se a secuéncia resultante se realiza como ditongo crecente (lingüística), decrecente (agüiro = agoiro) ou como hiato (Bagüin, Güiande).
3.2. No caso de qu mais vogal e ou i, na escrita histórica ou etimolóxica. O trema indica que o u se articula: conseqüente.
3.3.
Sobre un i átono que forme silaba por si só. Este uso reduce-se
ás persoas 5 e 6 dos imperfeitos de indicativo de verbos como
cair,
sair
e similares, nos cais as formas graves
(caïamos,
saïamos)
alternan coas esdrúxulas
(caíamos,
saíamos). O
emprego do trema permite a distinción
das formas graves do imperfeito con relación ás respectivas
do presente de subxuntivo
(caiamos, saiamos).
5.1. Nas palabras compostas, en caso de non estaren ainda os seus elementos, no plano fónico e semántico, perfeitamente fusionados, en especial cando haxa oposición ou contraste entre eles: Guerra franco-prusiana. Encontro Celta-Coruña. Dicionário galego-francés.
5.2. Para marcar a ligazón entre verbo e pronome enclítico, mantendo cada vocábulo a sua acentuación própria e efeitos gráficos: collo-o, colles-me, colle-te, colle-lo, collé-lo, colleu-(n)o, colleu-che, colleu-vos, colleron-se, etc.
5.3. No caso dos pronomes nos, vos, lles mais o pronome -lo (variante de o). Podese marcar ou non con trazo a combinación pronominal: no-lo (ou nolo), vo-lo (ou volo), lle-lo (ou llelo), no-la (ou nola), vo-los (ou volos),etc. O mesmo sucede cando, pospostos á forma verbal, se combinan outros pronomes átonos: dixo-che-mo (ou dixo-chemo), vironte-me (ou viron-teme),etc.
5.4. Entre a particula presentativa eis e un pronome átono: eis-me, eis-te, ei-lo, etc.
5.5. De modo facultativo, e coas limitacións que se indican en Nota, empregará-se o trazo en caso de notación do antigo proceso asimilatório de -r ou -s seguidos das formas segundas do artigo lo, la, los, las, nos contextos seguintes:
5.5.1. Infinitivo ou forma persoal do verbo acabada en -r ou -s mais as formas anteditas (variantes de o, a, os, as): Debes comprá-las rifas se quere-lo prémio (Ou: Debes comprar as rifas se queres o prémio).
5.5.2. Pronome átono nos, vos, lles mais as citadas formas do artigo: Vin-vo-lo can (ou: Vin-vos o can). Dade-no-lo viño e facemos-vo-lo traballo (ou: Dade-nos o viño e facemos-vos o traballo).
5.5.3. Tras o presentativo eis: Ei-lo cabalo do amo (ou: Eis o cabalo do amo).En caso de notación da asimilación entre certos cuantificadores e particulas mais as indicadas formas do artigo (cfr. parágrafo ó.2.4.) a sua definida e restrinxida tipificación fai inecesário o emprego do trazo.
Nota. Cumpre sinalar que este fenómeno de asimilación fonética, que na fala se dá noutros casos, non se recollerá na escrita, mesmo nos contextos citados nos parágrafos 5.5.1., 5.5.2., 5.5.3., nas situacións que reflexen pausa, suspensión ou énfase distanciador dos elementos a que afectaria a ligazón, asi como en caso de introducir ambigüidade na frase. Tais situacións soen ser, por exemplo:
5.6. Para, en fin de liña, indicar que unha palabra se completa na liña seguinte. É de subliñar que, no caso de palabras ligadas por trazo, cando no fin de liña a partición coincide co trazo, este haberá de repetir-se no principio da liña seguinte: Este mel tan saboroso deu- / -mo a vosa mai.a) Cando se realiza unha pausa, despois das formas verbais, pronominais ou adverbiais indicadas: O que queremos nos? Non queremos diñeiro, queremos (pausa) a liberdade.
b) Cando ás formas verbais ou pronominais sinaladas segue o suxeito: Deu-lles de comer o pai.
c) Cando segue un complemento en aposición: Afonso X, a quen é xusto chamar o Sábio, foi grande escritor.
d) Cando segue complemento constituido por adxectivo ou advérbio substantivados: Chegaron-se a ver o mellor. Querian acoller o ben e non receber o mal.
6.1.1. A preposición a co artigo definido: á, ás, ao (ó), aos (ós).
6.1.2. A preposición con co artigo definido: co, coa (ca), cos, coas (cas).
6.1.3. A preposición por co artigo definido: polo, pola, polos, polas.6.1.4. A preposición de co artigo definido: do, da, dos, das; cos pronomes persoais tónicos de terceira persoa: del(e), dela, deles, delas; cos pronomes demostrativos: deste, desta, disto; dese, desa, diso; daquel(e), daquela, daquilo, cos seus respectivos plurais.
6.1.5. A preposición en co artigo definido e indefinido: no, na, nos, nas; nun, nunha, nuns, nunhas; cos pronomes persoais tónicos de terceira persoa: nel(e), nela, neles, nelas; con outras formas pronominais comezadas por vogal: neste, nesa, naquilo, nalgun, nalgo, noutro...; noutrora, etc.6.1.6. A redución pra da preposición para, en caso de uso, co artigo definido: pró, prá, prós, prás; o mesmo se produz coa conxunción ca ( = que) e o artigo definido: có, cá, cós, cás.
6.1.7. Os pronomes persoais átonos co pronome o e as suas transformacións: mo, ma, mos, mas; cho, cha, chos, chas; llo, lla, llos, llas. Para as contraccións co pronome -lo, alomorfo de o, cfr. o apartado 5.3.
6.2.1. A preposición de co artigo indefinido: dun / de un, etc., pronome indefinido: dun / de un, dalgun / de algun, doutro / de outro..., ou alguns advérbios: daqui / de aqui, donde / de onde, etc.6.2.2. A preposición con e o artigo indefinido: cun / con un, etc.
6.2.3. Os demostrativos con pronome outro: estoutro / este outro, esoutro / ese outro, etc.
6.2.4. As formas do plural dos cuantificadores todos, todas; ambos, ambas; entrambos, entrambas, ou as particulas mais e tras, cando van seguidas do artigo definido, como se anticipou en 5.5.3.: tódolos, tódalas / todos os, todas as; ámbolos, ámbolas / ambos os, ambos as; entrámbolos, entrámbolas / entrambos os, entrambas as; mailo, etc. / mais o, etc.; tralo, etc. / tras o, etc.
-aria / -eria: romaria / romeriaRecomenda-se a potenciación das formas primeiras, coas limitacións ou ritmo que aconselle o proceso gradual do ensino e da sensibilidade social.
-zón / -ción: emigrazón / emigración
-són / -sión: prisón / prisión
-bel / -ble: amábel / amable
7.2. Outro tanto se indica con respeito a vocábulos tradicionais en -zo, -za, conservados na nosa ou noutras áreas do sistema:
andazo, cansazo, desprezo, prezo, xuízo, etcétera.
crenza, descrenza, xustiza, etc.
7.3.
Nos neoloxismos de proveniéncia grega con terminacións en
-sis,
-tis,
recomendan-se as formas de adaptación en
-se,
-te:
crise, tese, hipótese, sintese, etc.
farinxite, encefalite, hepatite, etc.
Diferente é o caso das voces con final en -le / -l, que fan o plural co morfema -s engadido á forma plena. Son basicamente as seguintes: cale / cal, cales; vale / val, vales; mele / mel, meles; fele / fel, feles; fole / fol, foles (e, polo tanto, pirifoles, pousafoles); mole / mol, moles (e, desta maneira, ollomoles); tule / tul, tules; aquele / aquel, aqueles; ele / el, eles.