ALGUNHAS NORMAS PRA A UNIFICAZÓN DO IDIOMA GALEGO
É anceio constante da maoría dos escritores galegos o coñecemento dunhas normas siquera
ortográficas que desboten ou ao menos diminuen a anarquía que hoxe hai no escribir o noso
idioma. O «Seminario de Estudos Galegos» dende os primeiros días da sua eisistenza
agarimóu esta ideia e teimóu varias vegadas levala a efeito sen resultados polo de agora
positivos1. Por coidar que cicáis sexa mais factibre este intuito pôndo cada un da nosa
parte o que poidamos é polo que a Seizón de Filoloxía quer presentar á
considerazón do «Seminario» pra uso particular dél e sen rigurosas
pretensións centíficas estas breves normas baseadas todas elas na orientazón que
imos a espor.
A lingua galega foi orixinariamente a mesma que usou o reino portugués no seu berce, e con el a
pesares da separazón política marchóu xunto na fala o pobo galego ata fins do
séc. XIV. Cando có Renacemento a nazonalidade portuguesa terminóu de facerse, a
irmán galega en troques sofréu a perda da sua concencia nazonal i este aletargamento durou
catro séculos ata comenzos do XIX. Namentras a lingua portuguesa chegaba a ser unha das
principás do mundo pola sua extensión e pola sua belida literatura, a galega perdéu
a vida no mundo da cultura sendo esto unha das máis fortes causas da inferioridade
espiritual da nosa Terra durantes esas nefastas centurias. Mais é unha das ventaxas dos pobos celtas
e polo tanto do noso a sua forteza contra as invasión e os agrilloamentos doutras culturas,
cicáis pola sua posizón xeográfica de «finis terrae», que fai difícil
o domeño e a persistenza da invasión extrana, cicáis pola superioridade numérica
da poboazón rural con respeito á das vilas ou millor polo propio valor de resistenza dos
habitantes destes sofridos pobos. O caso é que a Galiza a pesares da «capitis diminutio»
que dende o séc. XV ven sofrendo, mantivo e mantén ditosamente ergueito o seu idioma falado
pola inmensa maoría dos seus fillos cun senso antergo e primitivo en moitas formas e xiros que
esquenceron os mesmos portugueses influídos na sua vida cultural dos séc. XV, XVI e de gran
parte do XVII polos países de fala castelán e cunha peculiaridade de desenrolo noutras moitas
formas e xiros que impiden toda posibilidade de adaptar lisa e totalmente a nosa língua ás
normas que rixen a bela fala de Portugal.
Co-esto está dito o esprito que debe domeñar a nosa orientazón: «O de achegamento
ao portugués nos valdeiros que hai que encher no noso idioma». Felizmente este foi o
método que siguéu o «Seminario» dende un principio, así no desbotar os
apóstrofos, no suprimir moitas sinalefas, etc., e non cremos polo tanto innovazón
senón proseguimento lóxico as normas que presentamos cando dín algo que non se compre
agora. Mais somentes debemos achegarnos nos valdeiros que hai que encher na nosa fala, pois agás da
nosa principal obriga de deixar que o galego siga ceibamente polos sulcos que él vaise marcando non
podemos crer que o portugués sexa unha língua perfeita ainda coa relativa perfeizón a
que se pode aspirar nas cousas do linguaxe, e por esto cando unha construzón castelán que
viña suplir unha falla no galego tomou patria no noso idioma, se aquela é superior
técnicamente á portuguesa co-ela debemos ficar.
As normas, que deben abranguer todal-as cuestións ortográficas non resoltas, só deben
coller as fonéticas e morfológicas atinxidas por aquelas e as demáis necesarias pra a
conservazón e o desenrolo do xenio da nosa fala. Co esto non dicimos que fiquen resoltas as
principás dúbidas e sí só as que atoparon unha soluzón aceptada
unánimente polos membros da Seizón. Mais non nos magoa esta falla, por ser a nosa idea proceder
sen presas e con siso. Hoxe é tempo de adolescenza da nosa cultura e polo tanto da nosa
língua; así que non trabemos o desenrolo dela desbotando as ricas formas dialectás, ou
sometendo a régoas infrexibres a evoluzón das verbas dende o latín, ou asiñando
taxativamente os cultismos. A cultura galega por tanto tempo descurada quer ar puro e amor agarimoso de nai
polo de agora. Xa lle virá o día de asometerse âs prescrizóns, moitas veces nimias
dos doutores.
NORMAS ORTOGRAFICAS
I LETRAS
- Vocás.
Non se fará distinzón gráfica entre as vocás abertas e pechadas, nin entre as
longas e breves, agás das vocás longas dos monosílabos, que levarán acento agudo;
á=a la; có=con el; só=solo; pór=poner.
Xuntas duas vocás iguás fanse unha: xeral, aló. Exceptúase
«areeiro».
I semiconsonante e semivocal. Escribiráse sempre con i latina; lei, Maio.
- Consoantes.
ç. Prescíndase do seu uso.
h. Consérvase somentes nas verbas que o teñan en latín:
home, hoxe, herba, Hespaña. - Prescíndase dél por tanto en orfo, irmán, achar,
encher. Úsese tamén o h pra representar a nasalidade do «n» en «unha» e
os seus compostos.
ll, ñ. Prescíndase da grafía portuguesa lh, nh.
q. Úsese somentes diante da combinazón «ue, ui»;
queixo, quixo. Úsese sempre nas verbas procedentes do grego en que o latín escribéu
ch sustituindo a X grega; arquivo, arquidiócese.
x. Só provisionalmente por razóns de comenenza actual
prescíndase sempre da representazón etimolóxica que usa os siños g, j; xente,
xaneiro. Consérvese a grafía x con son «cs» nos cultismos «nexo»,
«exágono», etc. Nas verbas enxebres convírtase este x entre vocás en
«is» ou «ns», según as variantes dialectás: eisame, ensame, i entre
consoantes, en «s»: estrano.
Co fin de ir desbotando o son «z» castelán, que non é
galego, prescíndase de todo «z» final e mais do inicial de verbas que en latín
comenzan por «s» usando só esta derradeira letra; así, «lus»,
«vos», «soco», «sugar».
- Grupos consoantes.
-
Nas verbas cultas mantéñanse os grupos primitivos; «apto», «obviar».
II SIÑOS ORTOGRÁFICOS
- Acento. Rixen en xeral as normas de acentuazón castelán.
Exceizóns.
- O espresado no párrafo a) das letras, sobre as vocás longas dos monosílabos.
- A terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo »ser» levará acento
pra distinguila da conxunzón «e».
- Os pronomes «nos», «vos» tamén cando son tónicos.
- As maiúsculas non se eximen de levar acento.
Apóstrofo. Prescíndase do seu uso.
Guión. Consérvese só:
- Entre o «i» eufónico e o sustantivo que empeza por «a» tónico;
«a i-auga», «a i-alma».
- Despóis do troque de «s» final de sustantivo, adxetivo, ou pronome en «l»
diante de artigo e pronome átono, e do de «r» ou «s» de verbo na mesma letra
diante de artigo; «todol-os», «vol-os», «cantol-o viron» querel-o
neno2.
- Despóis do adverbio «non» reducido a «n» diante de verbas que empecen por
vocal.
- Despóis da preposizón «con» reducida a «co» diante dos demostrativos
ou pronome de terceira persoa.
III LIGAZÓN DE VERBAS SEN SIÑO
- Os verbos cós pronomes seguintes átonos; «douma» =me la dió.
- Os pronomes átonos seguidos; «cho»=te lo.
- A preposizón «a» có artigo determinado masculino; «ao»,
«aos».
- As preposizóns «de», «en» reducidas graficamente a «d»,
«n», xuntaranse coa verba seguinte se ésta é artigo determinado ou indeterminado,
os adxetivos «outro» e «algún», demostrativos ou pronome de terceira persoa.
- A preposizon «con» reducida a «co» xuntarase có artigo determinado, e
reducida a «c» có indeterminado; «có», «coas»,
«cunhas».
- As partículas que finan en «r», «s», xuntaranse có artigo determinado
seguinte cando troquen aquelas letras en «l»; «polo», «poilo».
NORMAS FONÉTICAS
A conxunzón «e» só se trocará en «i»
diante doutro «e».
A conxunzón «si» en latín é sempre «se» en galego.
O grupo «ion» en latín, nunca fará en galego «eon»; así,
endexamáis «naceón», «ocaseón».
O grupo «au» en latín da sempre «ou» en galego cando ésta é
a sílaba tónica; «couto».
O grupo «ui» en latín nunca fai «uie» en galego; así
endexamáis «constituie».
Os grupos «nn», «mn» en latín, dan sempre «n» en galego;
«cana», «dano».
O grupo «ll» en latín, nunca fai o soa «ll» en galego; «selo»,
«apelido».
A terminazón «ine» en latín con i breve, fai«e» en galego;
«orde», «virxe».
A terminazón «inu», «ina» latina fará «iño»,
«iña» nos sustantivos; así «viño», «raiña»,
máis non nos adxetivos; así «fino», divino».
A terminazón «te» precedida de vocal en latín, consérvese en galego
trocando o «t» en «d»; «cidade», «sede», «saúde».
A terminazón «is» en grego fará «e» en galego; así,
«tése», «necrópole».
A aférese, elisión de vocás entre consoantes, paragoxe e
metátese de consoantes, usaránse só nos casos consagrados.
NORMAS MORFOLÓXICAS
As verbas rematadas en vocal, forman o plural engadendo «s»; «homes»,
«reis».
As rematadas en «r», engaden «es»; «mulleres»,
(«ar» pode formar o plural «ars»).
As que finan con «l», cando son polisílabas agudas, forman o
plural trocando o «l» en «s» «casás», «reás»,
«caravés». («Aquel» pode formar «aqueles»). Nos demáis casos
engaden «es»; «ánxeles»,«fáciles», «vales».
As rematadas en «s», se son agudas engaden «es»; se non o
son, fican invariadas; «meses», «barballoas», («Paspallás» é
o mesmo en singular que en plural). Se estas verbas en latín finaban en «x», poden, como
en latín, facer o plural gráficamente en «ces», perdendo o «s», do
singular; «voces», «rapaces».
As verbas rematadas en «an» non fan o femenino engadendo
«a»; nunca «castelana», «catalana».
Notas
1
Na Asambreia xeral en Pontevedra, de Abril de 1928, o señor Couceiro
Freixomil presentóu unhas bases pra a sua unificazón, que
dempóis emprentóu cun apéndice do Prof. Moralejo, da
Universidade de Santiago. Os asisados estudos destes autores, son dinos da maor
loubanza, e moito nos serviron na nosa laboura.
2
A asisada opinión de Leite de Vasconcellos, que debía separarse
«vo-los» ten en contra que hoxe os galegos silabamos
«vol-os».
|